InicioSucesosDetido en Vigo por conducir sen carné e facerse pasar por un...

Detido en Vigo por conducir sen carné e facerse pasar por un familiar ao ser identificado

O home foi detido e trasladado a Comisaría, onde se comprobou que conta con 12 antecedentes policiais. O arrestado e as dilixencias practicadas foron postos a disposición xudicial.

PUBLICADO O

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a un veciño da cidade, de 47 anos de idade, que foi sorprendido cando circulaba de forma temeraria nun automóbil, sen ter carné, que deu positivo en drogas e que, ademais, facilitou datos falsos ao ser identificado os axentes.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron á primeira hora da tarde, cando unha dotación do 091 atopouse cun vehículo que circulaba con velocidade excesiva, realizando continuos cambios de carril.

Ao darlle o alto, comprobaron que o coche ía ocupado por un home (condutor) e unha muller. Ao realizarlles un cacheo, os policías atoparon unha navalla oculta entre as roupas do home, así como unha bolsa con marihuana baixo o seu asento.

Así mesmo, realizóuselle unha proba de detección de drogas, que deu positivo para opiáceos, cocaína, cannabis e fármacos; e comprobouse que os datos que facilitara aos axentes (o home non levaba documentación encima, pero carece de carné de conducir) eran falsos, e correspondían en realidade a un familiar do condutor.

O home foi detido e trasladado a Comisaría, onde se comprobou que conta con 12 antecedentes policiais. O arrestado e as dilixencias practicadas foron postos a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Interceptado un mergullador sen os equipos obrigatorios e sen licenza de pesca

A Policía Local interceptou o pasado martes en Vigo a un mergullador que non...