O incendio na cociña dunha vivenda en Vigo sáldase cunha muller afectada

Bombeiros nuha intervencion nun edificio de vigo © Miguel Nuñez

Un incendio declarado na noite deste xoves na cociña dunha vivenda en Vigo saldouse cunha muller afectada polo fume e a estancia calcinada por completo.

Segundo informou o 112 Galicia, a persoa afectada foi atendida no lugar dos feitos polos servizos sanitarios e descartouse o seu traslado a un centro médico.

O incendio rexistrouse no número 10 da rúa de Álvaro Cunqueiro, na cidade olívica, sobre as 20,40 horas deste xoves, apuntaron as mesmas fontes.

Unha persoa particular contactou co 112 Galicia para alertar e, tras ter constancia, o CIAE pasou o aviso aos Bombeiros de Vigo, aos efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e á Policía Local.