InicioSucesosUn detido por ameazar á súa muller en presenza do bebé de...

Un detido por ameazar á súa muller en presenza do bebé de ambos

Un incendio declarado na zona da Florida este domingo ao redor das 20,30 deixou unha muller con queimaduras nas pernas.

PUBLICADO O

Un home de 33 anos, R.R.P., foi detido como presunto autor dun delito de violencia de xénero tras ameazar á súa muller en presenza do bebé de 18 meses que ten en común con ela.

Segundo recolleu nun comunicado a Policía Local, os axentes desprazáronse ás inmediacións da avenida Castelao tras ser informados este domingo, sobre as 18,50 horas, da comisión dun suposto delito de violencia de xénero.

Unha vez na zona, unha amiga da vítima mostrou un vídeo aos policías no que se observaba como o marido da segunda a ameazaba fronte ao bebé de ambos. Ademais, a muller que se atopaba xunto a ela explicou que mantiña discusións desde facía tempo co seu marido e que este os agrediu a ela e ao seu fillo de oito anos, froito dunha relación anterior, esa mañá.

Dado que este home non se atopaba no domicilio, procedeuse a realizar unha procura na zona. Finalmente, foi atopado en Praza América, onde se procedeu á súa detención.

INCENDIO NUNHA VIVENDA

Noutra orde de cousas, os funcionarios desprazáronse á zona da Florida este domingo ao redor das 20,30 horas despois de ser alertados de que se produciu un incendio nunha vivenda. No domicilio, os policías entrevistáronse cun home de 32 anos, E.L.C., que manifestou que o lume, do que descoñecía como se provocou, fora sufocado.

Así mesmo, explicou que a súa muller sufrira varias queimaduras nas pernas. Mentres, esta, L.L.B., de 28 anos, detallou que o lume se prendeu mentres manipulaba unha tixola con aceite na cociña e que, ao tentar sufocalo, o recipiente envorcoulle nas pernas.

Así, solicitouse a asistencia do 061 e dun facultativo, que comprobou que esta muller presentaba queimaduras de primeiro e segundo grao nun 12 por cento do seu corpo, polo que foi trasladada ao Hospital Povisa. Ata a zona tamén se desprazaron os bombeiros, aínda que non foi necesaria a súa intervención.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...