InicioSucesosPiden 10 anos de prisión para unha muller por un incendio nun...

Piden 10 anos de prisión para unha muller por un incendio nun piso de Vigo e pór en risco ao resto de veciños

Amontoou trapos e outros obxectos no chan da cociña e preto da porta de entrada e prendeulles lume antes de abandonar a vivenda. A reparación dos danos ascendeu a case 43.000 euros

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fiscalía pide 10 anos de prisión para unha muller por provocar un incendio nun piso do centro de Vigo, pondo en risco ao resto de veciños do inmoble, e que será xulgada os próximos mércores e xoves na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede na cidade olívica.

Segundo o escrito de acusación pública, os feitos ocorreron á primeira hora da mañá do 14 de xuño de 2018, cando a acusada, L.B.S., amontoou trapos e outros obxectos no chan do piso onde vivía (aínda que non era a propietaria), na cociña e preto da porta de entrada, e prendeulles lume, antes de abandonar a vivenda.

A procesada actuou desta maneira co propósito de “causar un gran dano na propiedade allea e sendo coñecedora de que ocasionaba unha situación de risco para os moradores das restantes vivendas”.

No entanto, o Fiscal sinala que a muller, neses momentos, atopábase coa súa capacidade volitiva “moderadamente diminuída” por estar baixo os efectos do alcol. De feito, sinala que L.B.S. presentaba un consumo prexudicial de alcol e de cocaína.

DANOS MATERIAIS

As chamas causaron danos na vivenda onde residía a muller, así como en zonas comúns do edificio. Ademais, a gran cantidade de fume tamén afectou a parte do inmoble, incluídas outras vivendas.

A rápida actuación dos bombeiros e da Policía Local, uns extinguindo o lume e outros desaloxando aos veciños (catro adultos e unha menor), impediron que se producisen danos persoais.

O custo dos danos materiais, por outra banda, ascendeu a case 43.000 euros, entre traballos de limpeza, rebo, albanelaría, pintura, reposición de mobles e electrodomésticos, etc.

PETICIÓN DE PENAS

Por todo iso, o Fiscal pide que L.B.S. sexa condenada por un delito de incendio con grave perigo para a vida e a integridade física das persoas, e que se lle aplique a circunstancia atenuante de intoxicación.

Así, reclama a imposición de 10 anos de prisión e o pago das costas procesuais, así como o pago de indemnizacións que suman 42.877,93 euros á comunidade de propietarios e a varios veciños.

ÚLTIMAS

O goberno de Vigo pedirá en pleno que a Xunta garanta o abastecemento de auga de Vigo

O goberno de Vigo, liderado por Abel Caballero (PSOE), levará ao pleno do próximo...

Trasladadas dúas persoas que resultaron afectadas nun incendio dun piso en Vigo

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital tras verse afectadas por inhalación de...

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...