InicioSucesosFerido grave un traballador tras quedar atrapado na prensa hidráulica do camión...

Ferido grave un traballador tras quedar atrapado na prensa hidráulica do camión de recollida de lixo

Os feitos ocorreron sobre as 10,20 horas, cando o 112 recibiu o aviso de que se produciu este accidente, no Camiño Romeu, na parroquia viguesa de Coruxo.

PUBLICADO O

Un operario do servizo municipal de recollida de lixos de Vigo resultou ferido grave este xoves tras escorregar e quedar as súas pernas atrapadas na prensa hidráulica do camión no que estaba a traballar, segundo informaron fontes policiais.

Os feitos ocorreron sobre as 10,20 horas, cando o 112 recibiu o aviso de que se produciu este accidente, no Camiño Romeu, na parroquia viguesa de Coruxo. Ata o lugar desprazáronse efectivos de Policía Local, Policía Nacional e bombeiros, ademais de emerxencias médicas.

Precisamente, foron funcionarios de bombeiros os que excarceraron ao traballador ferido que, inconsciente, foi trasladado en ambulancia medicalizada ao Hospital Álvaro Cunqueiro da cidade olívica. Trátase de J.A.M.R., un home de 50 anos de idade.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...