A Policía Local tivo que intervir para separar a dúas nais que pelexaron no medio dunha festa de aniversario diante de varias nenas

A disputa comenzou cando unha delas lle recriminou a nena que facía a festa que non convidara a súa filla.

Pelexa entre nais / Youtube

Unha disputa entre veciñas, porque a filla dunha delas non foi convidada ao aniversario da filla da outra, acabou con ambas as encerelladas nunha pelexa e coa intervención da Policía Local.

Segundo informaron fontes do 092, os feitos producíronse na tarde do martes, cando unha dotación acudiu ao barrio das Roteas, na parroquia de Coruxo, alertada porque se estaba producindo unha pelexa entre dúas mulleres.

Unha vez no lugar, unha das implicadas (que presentaba arañazos nun brazo) explicou aos axentes que a disputa se orixinou cando lle pediu explicacións á filla da súa veciña por non convidar á súa propia filla á súa festa de aniversarios.

Por outra banda, a outra muller (que tamén presentaba diversas lesións) relatou que a súa veciña sometera a coaccións á súa filla, despois de que non convidase á outra nena ao aniversario, e que por iso se encerellaron nunha pelexa, con tiróns de pelos e arañazos incluídos.

A Policía Local informou a cada unha delas sobre os trámites a seguir para cursar denuncia polas lesións e supostas coaccións, no caso de que quixesen facelo.