Ferido un membro de Protección Civil de Cangas ao caer sobre unha rocha

Povisa / © Miguel Núñez

Un membro do servizo municipal de Protección Civil do concello pontevedrés de Cangas resultou ferido tras sufrir unha caída desde un metro e medio sobre unha rocha durante a madrugada deste venres.

O axente municipal atopábase realizando un servizo de garda segundo informaron fontes de Protección Civil. O contratempo ocorreu ao fío das 00,10 horas da madrugada no lugar da Rúa, sito na localidade pontevedresa.

O 112 Galicia foi alertado do sucedio polo persoal de emerxencias de Cangas e nada máis recibir o aviso mobilizou ao CIAE 112 Galicia e aos efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para intervir no accidente.

Segundo este órgano de emerxencias o axente ferido de Cangas foi trasladado ao hospital Povisa. Así mesmo, á base na que ocorrera o contratempo tamén se trasladou a Garda Civil e a Policía Local.