Evacuada unha muller en Nigrán por mor dun incendio na súa vivenda

Ambulancias / Miguel Nuñez

Unha muller tivo que ser evacuada esta madrugada ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo despois de producirse un incendio na súa vivenda, situada na localidade pontevedresa de Nigrán.

Os servizos de emerxencia tiveron constancia dos feitos ao redor das 02,30 horas, cando un particular chamou ao 112 Galicia para informar da saída de fume polas xanelas dun edificio, situado na Rotonda de Praia América.

Así, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) alertaron aos Bombeiros do Porriño e ao GES de Val Miñor, que se desprazaron ata o punto. Tamén foron informados os Bombeiros de Vigo, así como os servizos sanitarios, os axentes da Policía Local e os efectivos de Protección Civil.

Tras o lume, a muller foi atopada no interior da vivenda, polo que tivo que ser evacuada e trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Despois de apagar as chamas, os servizos de extinción indicaron que ardeu un sofá, cortinas e unha persiana, aínda que toda a vivenda viuse afectada o fume.