InicioSucesosFalece un condutor en Redondela tras saír da vía e encaixarse contra...

Falece un condutor en Redondela tras saír da vía e encaixarse contra un camión

Debido ao impacto o turismo quedou esnaquizado, encaixado entre o camión e a cuneta que dá á autoestrada AP-9.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un condutor de 39 anos de idade, natural de Salvaterra de Miño (Pontevedra), faleceu na madrugada deste xoves tras perder o control do seu vehículo e saír da vía, na N-552 (á altura do número 30 da Avenida de Redondela) na parroquia de Chapela, en Redondela.

Segundo confirmaron a Europa Press fontes do 112 Galicia e da Garda Civil, o sinistro tivo lugar pouco antes da medianoite do xoves ao venres, no punto quilométrico 5,800 da N-552.

Por motivos que se descoñecen –aínda que se baralla a hipótese da velocidade excesiva–, un Audi A3 saíu da vía pola marxe dereita da calzada, e encaixouse contra o remolque dun camión que estaba estacionado na beiravía.

Debido ao impacto o turismo quedou esnaquizado, encaixado entre o camión e a cuneta que dá á autoestrada AP-9. A batería do coche saíu disparada e apareceu decenas de metros máis adiante.

Ata o lugar desprazáronse varias dotacións de bombeiros de Vigo e O Porriño, así como efectivos do 061 (unha ambulancia asistencial e unha medicalizada), pero os facultativos só puideron certificar a morte do condutor.

Un dos veciños da zona, Juan Gradín, explicou, en declaracións aos medios, que varias persoas acudiron ao lugar tras escoitar “un ruído moi forte” pero, tal e como quedou de “esnaquizado” o coche, “era imposible axudar”.

“É unha zona limitada a 50 km/h pero os coches e camións pasan moi rápido, hai moitos accidentes, terían que habilitar algún paso de peóns para reducir velocidade porque os veciños non teñen por onde cruzar para ir ao colexio próximo ou para ir simplemente ao colector a tirar o lixo”, lamentou.

Pola súa banda, o condutor do camión contra o que impactou o turismo expresou a súa consternación polo ocorrido e relatou que adoita aparcar nesa zona o seu remolque. Tras recibir o aviso do accidente, este transportista tivo que desprazarse á zona para mover o camión e facilitar así o labor dos bombeiros, que tiveron que excarcerar ao condutor.

ÚLTIMAS

O persoal de Urxencias do Álvaro Cunqueiro convoca paros diarios polo colapso do servizo

Persoal de Urxencias do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo anunciou paros diarios de 15...

Caballero esixe á Xunta que resposte á proposta para financiar Balaídos e optar ao Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, demandou á Xunta que resposte á súa proposta...

Investigan a un octoxenario de Baiona por disparar contra unha vaca e ferir ao seu propietario

A Garda Civil investiga a un veciño de Baiona, de 81 anos de idade,...

O BNG denuncia “colapso sanitario” en Vigo e esixe reforzar a PAC de Pizarro e crear dous novos en Navia e Teis

O BNG de Vigo esixiu un reforzo para o punto de atención continuada (PAC)...