InicioSucesosDetida unha parella acusada de intento de roubo dun comercio na Guarda

Detida unha parella acusada de intento de roubo dun comercio na Guarda

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil de Pontevedra detivo a unha parella como presuntos autores dunha tentativa de roubo nun establecemento comercial da localidade pontevedresa da Guarda.

Segundo a información proporcionada polo corpo, os detidos son dous veciños do municipio cun amplo historial de antecedentes policiais relacionados cos estupefacientes e os roubos con forza en establecementos comerciais e locais públicos.

Nesta ocasión acúsaselles dunha tentativa de roubo cometido a madrugada do pasado venres, ao violentar a porta dun establecemento comercial na Avenida de Galicia da Guarda. Os dous detidos, xunto coas dilixencias instruídas, foron postos a disposición do Xulgado de Instrución de garda de Tui, que decretou a liberdade provisional de ambos.

O pasado mes de maio, o home xa fora detido e ingresado en prisión por orde xudicial ao ser sorprendeu ‘in fraganti’ no interior doutro establecemento ao que accedera co mesmo modus operandi. Desde principios de xullo estaba en liberdade provisional.

ÚLTIMAS

O BNG responsabiliza á Xunta da saturación das Urxencias do Álvaro Cunqueiro

O BNG de Vigo responsabilizou este mércores á Xunta de Galicia da "saturación" do...

Detidos en Vigo tras roubar un coche, estrelalo e darse á fuga

Un home e unha muller, de 38 e 42 anos respectivamente, foron detidos na...

Prisión para unha condutora de Vitrasa e a súa parella por queimar dous autobuses con pasaxeiros

A Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a unha condutora de Vitrasa e ao seu...

Unha viguesa leva á Xunta 30.000 sinaturas para que se actúe contra os milleiros de bidóns radioactivos que hai fronte as costas galegas

Unha veciña de Vigo leva mañá á Xunta máis de 30.000 firmas recollidas en Change.org...