Liberan a unha nena que quedou atrapada nos barrotes dun banco na Guarda

Praza de Abastos da Guarda / Concello da Guarda

A Policía Local da Guarda e varias persoas particulares que presenciaron o suceso liberaron na mañá deste martes a unha nena que quedou atrapada polos pés nos barrotes dun banco.

Segundo a información do Centro Integral de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 12,45 horas nun parque da Praza de Abastos da Guarda.

Ata a zona desprazáronse, ademais da Policía Local, efectivos do GES da Guarda e Bombeiros do Baixo Miño e de Vigo. Unha vez liberada, a nena non precisou asistencia sanitaria.