InicioSucesosWhatsApp e a xeolocalización, fundamentais para auxiliar a unha muller atrapada nunha...

WhatsApp e a xeolocalización, fundamentais para auxiliar a unha muller atrapada nunha zona de difícil acceso no Rosal

A muller torcera un pe facendo a ruta dos muíños do Folón e do Picón.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O envío das coordenadas a través do sistema de xeolocalización da aplicación WhatsApp permitiu localizar na mañá deste mércores a unha muller de idade avanzada que quedara atrapada nunha zona de difícil acceso no Rosal (Pontevedra).

Segundo informou o 112 Galicia, a muller camiñaba cun grupo de persoas maiores pola zona de Muiños do Picón e Folón cando torceu un nocello e non puido continuar a marcha. Co fin de enviar a axuda “na maior brevidade posible”, relatan as mesmas fontes, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron á persoa que alertou ao 112 Galicia o envío das súas coordenadas a través da aplicación de mensaxería instantánea.

Despois de ter constancia da localización, os servizos de emerxencia, alertados polo 112 Galicia, puideron acceder ao lugar onde se atopaba a muller seguindo as indicacións facilitadas. Deste xeito, interviñeron os efectivos do 061, a Policía Local e o GES da Guarda. Ademais, por parte do 112 Galicia informouse do ocorrido aos Bombeiros do Baixo Miño, á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Rosal e aos axentes da Garda Civil.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...