InicioSucesosInterceptados en Vigo dous taxistas que circulaban baixo os efectos de alcol...

Interceptados en Vigo dous taxistas que circulaban baixo os efectos de alcol e drogas

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo interceptaron este fin de semana a dous taxistas que circulaban baixo os efectos das drogas, nun caso, e do alcol, no outro.

Segundo informaron fontes policiais, na noite do sábado, axentes do 092 realizaron unha proba de alcoholemia a un taxista que circulaba pola rúa Cantabria. O chofer deu positivo, superando o mínimo penal, de modo que se instruíron dilixencias por un presunto delito contra a seguridade viaria.

Por outra banda, na mañá do domingo, unha dotación que patrullaba pola rúa Ramón Neto sorprendeu a un taxista cometendo unha infracción de tráfico. Cando interceptaron o vehículo, decatáronse de que o condutor presentaba síntomas de atoparse baixo os efectos das drogas, e fixéronlle un test, que arroxou resultado positivo para cocaína e anfetaminas.

Tan só uns días antes, a Policía Local denunciara a outro taxista que, cunha clienta a bordo, circulara a velocidade excesiva, manipulando o móbil e cometendo diversas infraccións. A muller que ía no taxi gravou o ocorrido e permitiu a localización do condutor. Cando a Policía o someteu aos correspondentes tests, estes deron resultado positivo en alcoholemia e drogas (cocaína e cannabis).

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...