Un motorista de 26 anos perde a vida tras sufrir unha caída na parroquia viguesa de Valadares

Trafico motos da garda civil © Miguel Nuñez

Un motorista de 26 anos perdeu a vida este domingo tras sufrir unha caída co seu vehículo na parroquia viguesa de Valadares mentres se dirixía ao Monte Alba.

Os servizos de emerxencia tiveron constancia dos feitos a través da chamada dun veciño ao redor das 15,30 horas. Así, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) informaron os axentes da Policía Local e aos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, aínda que nada puideron facer por salvar a vida do novo.

Segundo fontes consultadas por Europa Press, o falecido é un mozo de 26 anos veciño da parroquia viguesa de Sárdoma.