Choque en cadea no Corredor do Morrazo

Autopista do Morrazo
Autopista dende Domaio /Miguel Nuñez

O Corredor do Morrazo recuperou a normalidade despois de que se rexistrase en Moaña unha colisión na que se viron implicados catro vehículos.

O 112 informa de que ninguén resultou ferido e o persoal da Axencia Galega de Infraestruturas encargouse da limpeza e retirada dos restos provocados polo sinistro co fin de restablecer canto antes as condicións de seguridade na vía.

Eran as 5:30 horas desta madrugada cando a chamada dun particular ao 112 Galicia alertaba dun vehículo que se saíu do carril e encaixouse contra a mediana á altura do quilómetro seis do Corredor en sentido Cangas. As cinco persoas que viaxaban no interior saíron do coche polos seus propios medios e en perfecto estado de saúde.

Con todo, a posición na que quedou o vehículo, que invadía completamente o carril, provocou que outros tres coches que viñan atrás chocasen contra o primeiro. Con todo, ninguén necesitou asistencia sanitaria e, desde o 112 Galicia pediuse a colaboración dun equipo da Axencia Galega de Infraestruturas para a retirada dos restos do accidente e devolver así a normalidade e seguridade na vía.

Ademais, os xestores do 112 avisaron aos axentes da Garda Civil de Tráfico e deron conta do suceso á Policía Local.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here