InicioSucesosDescende a taxa de criminalidade en Pontevedra

Descende a taxa de criminalidade en Pontevedra

PUBLICADO O

A provincia de Pontevedra segue sendo un lugar cada vez máis segura. No primeiro trimestre do ano descendeu a taxa de criminalidade e sitúase en 27,9 infraccións penais por cada 1.000 habitantes. Do mesmo xeito as infraccións penais baixan un 6,6% sendo 6.086 no tres primeiros meses de 2018, fronte ás 6.519 rexistradas nesta marxe de tempo en 2017.

Baixan significativamente os delitos contra a vida, integridade e liberdade das persoas, cun 20,3% menos que en 2017 e un 24,1% menos nas subtraccións de vehículos. Pola contra, rexistrouse un incremento do 19,3% nos delitos contra a seguridade viaria.

Tamén Galicia se mantén como cuarta comunidade máis segura de España no primeiro trimestre do ano cunha taxa de criminalidade de 27,4 infraccións penais por cada 1.000 habitantes, 16,7 puntos por baixo da estatal.

17.511 INFRACCIÓNS

De acordo con estas estatísticas, no primeiro trimestre de 2018 (de xaneiro a marzo) coñecéronse en Galicia un total de 17.511 infraccións penais, cunha diferenza dun 0,1% respecto o mesmo período de 2017. Diso informou a Delegación do Goberno en Galicia sobre o balance de criminalidade correspondente a este período. Do mesmo xeito que a taxa de criminalidade do conxunto da comunidade, as catro provincias galegas tamén se manteñen, nestes primeiros meses, por baixo da media nacional.

Na provincia da Coruña, a taxa de criminalidade é de 30 infraccións penais por cada 1.000 habitantes, cun lixeiro incremento de 0,3 puntos. En Lugo, a taxa de criminalidade mantense igual que no mesmo período de 2017, situándose en 20,9 infraccións penais por cada 1.000 habitantes. E en Ourense, a taxa de criminalidade é de 23,5 infraccións penais por cada 1.000 habitantes, cunha subida de 0,3 respecto ao primeiro trimestre de 2017.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...