InicioSucesosDetido un veciño de Vigo por tentar asfixiar á súa parella

Detido un veciño de Vigo por tentar asfixiar á súa parella

Outro home acusado de violencia de xénero foi detido cando tentaba ocultarse da Policía.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, W.F.M.B., natural de Ecuador, como presunto autor dun delito de violencia de xénero, tras agredir á súa parella, á que tentou asfixiar.

Segundo informou a Policía, os feitos tiveron lugar o pasado domingo ao mediodía, cando o 092 recibiu un aviso por un presunto episodio de violencia de xénero nun domicilio da rúa Ecuador. Cando chegaron á vivenda, o fillo da vítima explicoulles que a súa nai acababa de ser agredida pola súa parella sentimental, que el se interpuxo entre ambos para defender á muller e que, no forcexeo, o home producíralle unha contusión no beizo.

Pola súa banda, a muller confirmou que a súa parella chegara a casa ebrio e que, sen mediar palabra, agarrouna das bonecas e do pescozo, apertándoo “coa intención de asfixiala”. O fillo facilitou unha descrición do sospeitoso, que foi localizado pouco despois e detido.

Por outra banda, a Policía Local de Vigo tamén detivo a outro home, J.L.P.L., sobre o que pesaba unha orde de personación emitida polo xulgado de Violencia contra a Muller de Vigo. Este home foi interceptado cando, ao ver pasar a unha dotación policial, tentaba ocultarse detrás dunhas matogueiras na zona de Samil.

ÚLTIMAS

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Prohibida a pesca do choco nas rías de Vigo e Pontevedra durante máis de tres meses

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves as resolucións da Consellería do...

PP e BNG de Vigo acusan que se impediu aos feirantes acdeder ao Concello e o goberno local négao

Os grupos municipais do PP e o BNG criticaron este xoves que se impediu...