InicioSucesosMorre un operario dunha empresa de madeira nun accidente no monte en...

Morre un operario dunha empresa de madeira nun accidente no monte en Oia

PUBLICADO O

Un operario faleceu nun accidente mentres traballaba no monte, na zona forestal coñecida como das Pozas, no concello pontevedrés de Oia, en Loureza.

Segundo informa o 112, os feitos ocorreron sobre as 19,30 horas da tarde do martes, cando o persoal da empresa para a que traballaba o falecido, dedicada á talla de madeira , alertou ao servizo de emerxencias.

Este centro avisou a 061, á Garda Civil e aos membros do GES da Guarda. No lugar, os sanitarios só puideron certificar a súa morte.

Os bombeiros do Baixo Miño tamén foron mobilizados, así como o persoal do servizo de Gardacostas, posto que, debido ás dificultades para acceder ao corpo, barallouse a saída do helicóptero ‘Pesca 1’.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...