InicioVigo e contornaMosArde por completo unha vivenda en Mos quedando só en pé a...

Arde por completo unha vivenda en Mos quedando só en pé a súa estrutura

PUBLICADO O

Un incendio arrasou por completo unha casa situada no lugar de Arrubial, no concello pontevedrés de Mos, e deixou só en pé a estrutura da casa.

Segundo informou o 112 Galicia, os servizos de emerxencia tiveron constancia do suceso minutos antes das 06,00 horas deste domingo, cando varios particulares informaron do ocorrido.

No seu relato indicaban que a vivenda se atopaba pegada a outra casa. Así, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias pediu a colaboración dos Bombeiros do Baixo Miño, dos axentes da Policía Local, da Garda Civil e de Protección Civil.

Segundo os datos facilitados polos Bombeiros, a edificación ardeu por completo “quedando só en pé a estrutura da casa”.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...