InicioVigo e contornaMosMorre un home en Mos tras quedar atrapado por unha árbore que...

Morre un home en Mos tras quedar atrapado por unha árbore que estaba a tallar

PUBLICADO O

Un home de avanzada idade perdeu a vida este luns tras quedar atrapado debaixo da árbore que estaba a tallar na localidade pontevedresa de Mos.

Tal como informou o 112 Galicia, os servizos de emerxencia tiveron constancia dos feitos ao redor das 16,30 horas, cando un particular alertou de que un home quedara atrapado debaixo dunha árbore en Camiño do Porto, na parroquia da Igrexa do concello de Mos.

Así, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) avisou ao 061-Urxencias Sanitarias, que mobilizou ata o lugar unha ambulancia medicalizada. Ademais, solicitouse a colaboración dos Bombeiros do Baixo Miño, dos axentes da Garda Civil, da Policía Local e dos membros de Protección Civil da localidade.

Unha vez no lugar dos feitos, os servizos de emerxencia e, a pesar dos esforzos dos profesionais sanitarios por salvarlle a vida, só puideron confirmar o seu falecemento.

Neste sentido, fontes de Protección Civil aseguraron  que o señor, de avanzada idade, se atopaba tallando unha árbore, que lle acabou caendo enriba. Foi a súa muller “a que ao ver que tardaba moito en volver a casa” o atopou no lugar atrapado debaixo da árbore.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

A oposición viguesa denuncia que Caballero veta o pronunciamento da Corporación sobre a saída sur e o AVE a Porto

Os grupos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este mércores que o goberno...

Saen de prisión os tripulantes do MV Karar coa obrigación de comparecer quincenalmente

Os 14 tripulantes do MV Karar, interceptado en abril de 2020 cando navegaba cara...