Un novo incendio en Ponteareas (Pontevedra) rexistrado este venres ás 16:51 horas sumouse este venres á vaga de lumes ocorridos durante os últimos días en Galicia.
Segundo informou a Consellería do Medio Rural a Europa Press, o lume, localizado na parroquia ponteareá de Padróns, atópase activo e, ata este momento, estímase que afectou a unha hectárea e media.
Así mesmo, a Consellería detallou que ata o lugar dos feitos desprazáronse tres axentes, tres brigadas, unha motobomba e un helicóptero.