Dous cans feridos e unha muller hospitalizada tras unha fuga de gas en Vigo

Urxencias do Álvaro Cunqueiro / Sergas

Unha veciña de Vigo tivo que ser trasladada na mañá deste domingo ao Hospital Álvaro Cunqueiro con síntomas de intoxicación por acumulación de gases no interior da súa vivenda, de momento, por causas descoñecidas.

A vivenda sitúase na baixada á Igrexa de Teis. O servizo de emerxencias do 112 Galicia indicou que a alerta se activou ao redor do oito da mañá, tras a chamada dos efectivos das 061-Urxencias Sanitarias, que cando chegaron ao domicilio para atender á muller, detectaron unha posible concentración de gases no interior do inmoble. Tamén se atoparon dous cans afectados con vómitos.

Os xestores do 112 informaron a continuación os bombeiros de Vigo que, despois de realizar varias medicións, constataron altas concentracións de CO2, de orixe, polo momento, descoñecido.

Deste xeito, para seguir avanzando nas indagacións, volverán ao domicilio para repetir as medicións e observar o comportamento dos gases no interior da vivenda, na que, ademais, convivían diversos animais.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here