Tres feridos en dous accidentes de tráfico en Vigo e Moaña

Un dos sucesos ocorreu na Avenida de Castrelos e o outro no Corredor do Morrazo

Axentes da Garda Civil de Tráfico © Miguel Nuñez

Tres persoas resultaron feridas este sábado en dous accidentes ocorridos en Vigo e na localidade pontevedresa de Moaña.

Tal como informou o 112 Galicia, unha colisión entre dous vehículos que circulaban pola Avenida de Castrelos á altura da parroquia viguesa de Valladares saldouse con tres feridos.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias tivo constancia dos feitos ao redor das 13,15 horas deste sábado, cando varios particulares alertaron do sucedido. Así, o 112 Galicia informou os servizos sanitarios de urxencia, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e á Policía Local. O tres feridos tiveron que ser trasladados ao Hospital Álvaro Cunqueiro, situado a menos dun quilómetro do lugar do suceso.

MOAÑA

Pola súa banda, tres vehículos estiveron implicados noutro sinistro na VG-4.5 (corredor do Morrazo) á altura do acceso coa vía CG-4.1, no concello de Moaña.

Pasadas as 14,00 horas, un particular alertou ao 112 Galicia para informar o accidente, polo que foron informados os servizos sanitarios de urxencias, os Bombeiros do Morrazo e os axentes da Garda Civil de Tráfico, así como a Policía Local e Protección Civil.