InicioSucesosA Garda Civil incauta nun local de Baiona 3.400 produtos pirotécnicos descatalogados

A Garda Civil incauta nun local de Baiona 3.400 produtos pirotécnicos descatalogados

A Garda Civil de Pontevedra incautou algo máis de 3.000 unidades de artificios pirotécnicos descatalogados que estaban almacenados nun establecemento deste tipo de produtos en Baiona.

PUBLICADO O

A Garda Civil de Pontevedra incautou algo máis de 3.000 unidades de artificios pirotécnicos descatalogados que estaban almacenados nun establecemento deste tipo de produtos en Baiona.

Aínda que estaba autorizado para a venda deste tipo de produtos, o local contaba con preto de 3.400 unidades das clases I, II e III, caducadas e descatalogados.

Entre o material incautado, atopábanse 2.500 unidades de lasconocidas “bombetas”, 730 “borrachitos” e 120 “voador silvador trono”, segundo informa a Garda Civil.

O responsable deste establecemento foi denunciado por unha suposta infracción administrativa ao Regulamento de artigos pirotécnicos e cartuchería.

O material intervido pola Garda Civil foi depositado nun lugar habilitado para tal fin, ata que se autorice a súa destrución.

ÚLTIMAS

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

Decretan prisión para o recluso da Lama investigado pola morte da muller que apareceu no Porriño

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 do Porriño decretou prisión provisional, comunicada...

Sae o vehículo número 16 millóns de Stellantis, un Fiat E-Dobló 100% eléctrico

Stellantis Vigo produciu este martes o seu vehículo número 16 millóns desde que a...

Expertos analizan no Porriño o “difícil” camiño das vacinas pendentes

A Asociación Nacional de Informadores da Saúde (ANIS), en colaboración con Zendal, organizaron no...