Tensión no sector do transporte sanitario con queima de ambulancias na área de Vigo e Tui

Queima dunha ambulancia / twitter

Durante a xornada deste sábado producíronse unha serie de actos de sabotaxe en varios puntos da Comunidade Autónoma culminando coa queima de varias ambulancias do 061, algunhas delas na área de Vigo e Tui.

Estas accións teñen lugar cando o sector das ambulancias está inmerso nunha negociación laboral. “Aínda que se pretenda enmarcar esta deplorable acción dentro dunhas reivindicacións laborais, o certo é que este tipo de violencia que afecta a profesionais e pacientes non ten ningunha xustificación, e é un paso atrás para aqueles que lexitimamente reclaman melloras nas súas condicións laborais”, denunciaba este domingo a Sociedad Española de Medicina de Urgencias y Emergencias de Galicia (Semes Galicia) nun comunicado.

“Calquera reivindicación por xusta que sexa queda invalida polo uso da violencia gratuíta que ademais condiciona a asistencia aos nosos pacientes  Temos a seguridade de que a cordura é o mellor camiño. O único camiño”, apuntaba.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here