Feridas tres persoas tras saírse da vía un vehículo en Ponteareas

Garda Civil nun accidente / GC

Tres persoas resultaron feridas este domingo tras saírse da vía o vehículo no que viaxaban no concello pontevedrés de Ponteareas.

Tal como informou o 112 Galicia, o suceso ocorreu ao redor das 00,50 horas na nacional N-120 en sentido Cristiñade, e foron os servizos sanitarios os que contactaron co Centro Integrado de Atención a Urxencias (CIAE).

Os xestores do CIAE 112 Galicia avisaron á Garda Civil de Tráfico, aos GES e aos Bombeiros de Ponteareas, á Policía Local e a Protección Civil. Unha vez no punto, os efectivos sanitarios atenderon ás persoas feridas, que foron trasladadas a un centro médico.