InicioVigo e contornaO PorriñoFeridas dúas mulleres nunha colisión na A-55 no Porriño

Feridas dúas mulleres nunha colisión na A-55 no Porriño

PUBLICADO O

Dúas mulleres foron trasladas este venres ao Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC) de Vigo tras unha colisión por alcance na A-55 ao seu paso polo termo municipal do Porriño (Pontevedra).

Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia a Europa Press, este sinistro tivo lugar sobre as 8,00 horas deste venres na A-55 sentido O Porriño. Un dos implicados na colisión explicou ao servizo de urxencias que ao intentar adiantar a un camión parado chocou por detrás con outro coche e el coa mediana.

Por iso, foron mobilizados persoal do 061, Bombeiros de Baixo Miño, Garda Civil de Tráfico, Policía Local e Protección Civil, así como de mantemento da estrada. Ao lugar o 061 desprazou unha ambulancia asistencial que levou ao HAC de Vigo ás mulleres M.P.P., de 33 anos, e F.P.O., de 37, confirmaron fontes sanitarias.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...