InicioSucesosDetidos dous veciños da Guarda por varios roubos para os cales usaban...

Detidos dous veciños da Guarda por varios roubos para os cales usaban a consumidores de drogas

A Garda Civil considera "desactivado" este grupo organizado que estaba causando "alarma social" na cidade ao atribuírselles numerosos delitos contra o patrimonio e a orde socioeconómica.

PUBLICADO O

A Garda Civil detivo dous veciños da Guarda (Pontevedra) aos que se lles atribúe a presunta comisión de máis de seis delitos de roubo e furto en distintos locais e establecementos públicos. Utilizaban a persoas consumidoras habituais de estupefacientes para perpetralos.

Segundo detalla nun comunicado, as investigacións levadas a cabo polo Equipo de Investigación da Garda Civil de Tui, en colaboración cos efectivos do Posto da Guarda, culminaron coa identificación e detención destes dous veciños: R.L.S., de 32 anos de idade e A.F.P., de 37 anos. A ambos se lles implica na comisión dos roubos cometidos durante os últimos meses na localidade.

As dilixencias da Garda Civil determinan que as dúas persoas se valían de consumidores habituais de estupefacientes da súa contorna para realizar os roubos e os desprazamentos dos efectos subtraídos. Na súa maior parte foron vendidos e recuperados en distintos establecementos de compra-venda de obxectos usados en Vigo.

Ademais do furto dun ciclomotor, que tamén foi recuperado, considéranse esclarecidos seis roubos realizados durante os dous últimos meses. Entre eles, os que foron perpetrados na sede da Asemblea Comarcal da Cruz Vermella do Baixo Miño, no Instituto de Ensino Secundario A Sagriña e en distintos bares e restaurantes da zona.

Polo tanto, as investigacións da Garda Civil conclúen que R.L.S., que xa fora detido o ano pasado como responsable doutra onda de roubos, “podería liderar un grupo criminal perfectamente estruturado, integrado por varios mozos da localidade, na súa maioría consumidores habituais de estupefacientes”.

Tras as detencións, a Garda Civil considera desactivado este grupo organizado que estaba a crear unha “importante alarma social” no concello da Guarda. A este grupo atribúeselle a comisión da práctica totalidade dos delitos contra o patrimonio e a orde socioeconómica que foron cometidos durante os dous últimos meses, a maior parte en locais comerciais e establecementos públicos da localidade.

As dilixencias instruídas foron entregadas no Xulgado de Instrución Número 2 de Tui, que decretou a liberdade provisional con cargos dos dous detidos.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...