Un incendio obriga a desaloxar un edificio de Porriño

Un incendio no cadro de contadores obrigou ao desaloxo dos veciños dun edificio na localidade pontevedresa do Porriño, segundo informa o 112.

Porriño
Estacion Porriño/Miguel Nuñez

Un incendio no cadro de contadores obrigou ao desaloxo dos veciños dun edificio na localidade pontevedresa do Porriño, segundo informa o 112. Ás 22,00 horas, un dos inquilinos alertou ao 112 no cuarto de contadores. O servizo de urxencias avisou ao persoal de extinción de Mos e do Porriño.

Tamén informou á Garda Civil, aos servizos sanitarios de urxencia, á Policía Local e a Protección Civil da localidade, así como ao persoal da empresa subministradora de electricidade que abastece a zona. Unha vez extinguido o lume e ventilado o inmoble, os veciños regresaron ás súas vivendas.