InicioVal MiñorBaionaUn motorista e un piragüista mortos esta fin de semana en Vigo...

Un motorista e un piragüista mortos esta fin de semana en Vigo e Baiona

PUBLICADO O

Tráxica fin de semana. Un motorista de 34 anos faleceu este domingo nun choque frontal cun coche na AP-9 a Baiona e un piragüista apareceu morto fronte o Parador desta vila.

O motorista falecido ía acompañado por unha moza que resultou ferida na colisión ocorrida na Autoestrada do Atlántico á altura de Vigo na tarde deste domingo, segundo informa o servizo de emerxencias do 112 Galicia.

A moto na que viaxaban chocou contra un turismo que circulaba no mesmo sentido pola AP-9, no punto quilométrico 156, á altura da saída en dirección a Baiona. O condutor do turismo saíu ileso. O falecido era de Ames.

Por outra banda, este domingo apareceu o corpo sen vida dun mozo foi localizado baixo unha piragua en fronte do Parador de Baiona, despois de que un veciño que paseaba pola zona avisase aos servizos de emerxencia.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...