Rescatado un home en Moaña tras caer co seu coche por un terraplén

Camión de bombeiros / galiciaartabra.com

Os bombeiros tiveron que rescatar este venres a un condutor que caeu co seu coche por un terraplén cun desnivel de 50 metros de profundidade na estrada de Moaña a Marín.

O 112 recibiu o aviso arredor das 19.30 horas da tarde e mobilizouse aos bombeiros do Morrazo, que sacaron o home nunha padiola para ser atendido polo 061-Urxencias Sanitarias.

Ademais deste suceso, en Ponteareas tres persoas resultaron feridas esta pasada madrugada nun accidente na N-120, á altura da granxa escola.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here