InicioSucesosAs tres vítimas mortais da explosión de Guadix, en Granada, poñen de...

As tres vítimas mortais da explosión de Guadix, en Granada, poñen de novo as pirotécnicas no punto de mira

Tui programou un minuto de silencio en respecto ás vítimas.

PUBLICADO O

O Concello de Tui convocou este martes ás 11.30 da mañá un minuto de silencio diante da casa do concello en solidariedade co municipio de Guadix, en Granada, logo da explosión rexistrada este luns e que causou tres vítimas mortais e tres feridos leves.

A explosión da pirotecnia María Angustias, onde traballaban nese momento seis persoas, levouse por diante a vida de tres delas.

Esta empresa pirotécnica, María Angustias, non é ningunha recién chegada, posto que non só conta cunha dilatada traxectoria desde 1889, senón que participou en espectáculos de luz e son por toda Europa e Asia.

Esta mesma pirotécnica, de feito, xa rexistrara outra explosión en 2004 que saldárase coa morte de dúas persoas.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...