InicioSociedadeAC8 Arquitectura, ProPlantae, Rurale e AirCO2, proxectos gañadores dos premios da Deputación

AC8 Arquitectura, ProPlantae, Rurale e AirCO2, proxectos gañadores dos premios da Deputación

PUBLICADO O

Deputación de Pontevedra puxo este luns punto e final tanto á Aceleradora multisectorial de empresas SmartPeme como ao II Concurso de desenvolvemento de solucións innovadoras.

Nun acto que tivo lugar na sede que a institución provincial ten en Vigo, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, sacou músculo do talento emprendedor da provincia.

“Todos os proxectos teñen unha mirada moi social, innovadora e comprometida, que fala de persoas que queren crear empresas diferentes, con valores centrados na sustentabilidade, no coidado, no humanismo, que constrúen sociedades e fan que o mundo sexa mellor“, destacou Silva.

A I Aceleradora multisectorial de empresas SmartPeme, que se pechou coa entrega de premios ás mellores iniciativas aceleradas a AC8 Arquitectura ProPlantae, desenvolveuse entre os meses de setembro e novembro coa participación de proxectos “nados recentemente”, que tiñan como obxectivo reorientar o seu negocio e pór en marcha a súa actividade en liña.

Para iso, durante este tempo, achegóuselles aos participantes formación sobre o emprego das novas tecnoloxías e a imaxe corporativa.

O gañador do I Aceleradora multisectorial de empresas foi Alexandre Cameselle con AC8 Arquitectura (Vigo), estudo de arquitectura especializado nos cambios de uso de locais a vivenda. O segundo premio logrouno Vanesa Redondo con ProPlantae (Nigrán), un laboratorio biotecnolóxico cuxa misión é diagnosticar fungos e estudar a multiplicación de microorganismos antagonistas para producir extractos de plantas.

II CONCURSO DE DESENVOLVEMIENTO DE SOLUCIÓNS INNOVADORAS

Así mesmo, a Deputación de Pontevedra puxo punto e final ao II Concurso de desenvolvemento de solucións innovadoras, proba que arrincou o pasado 28 de outubro.

Esta iniciativa, que se trata do cuarto reto tecnolóxico lanzado pola institución provincial desde o ano 2019, tiña como obxectivo galardoar ás mellores propostas en impulsar solucións innovadoras a través da creación dunha aplicación móbil, web ou plataforma tecnolóxica que axudase a promover a sustentabilidade nas empresas, no medio rural, así como a contribuír na mellora da igualdade nas empresas e a mellorar o emprendimiento.

Os proxectos gañadores foron Rurale, proposta que busca sacar proveito aos terreos en desuso a través dunha aplicación para crear comunidade entre os propietarios dos terreos e persoas interesadas en aproveitar esas terras, e AirCO2, idea que pretende democratizar e facilitar a transición ecolóxica axudando ás empresas a medir, reducir e compensar a pegada de carbono a través dunha aplicación que permite medir as emisións e compensalas asociándose con persoas propietarias de leiras en montes.

ÚLTIMAS

Retencións de varios quilómetros na AP-9 ao seu paso por Vigo tras producirse un accidente e unha picada de roda

Un accidente entre un camión e un coche e unha picada de roda doutro...

Por que foi anulado o plan de urbanización do Barrio do Cura?

O xulgado do contencioso administrativo 1 de Vigo ditou sentenza pola que declara nulo...

Ferida unha persoa tras ser atropelada en Vigo

Unha persoa resultou ferida na mañá deste martes tras ser atropelada por un vehículo...

Os 15 pediatras que obtiveron praza por concurso de méritos na área de Vigo teñen ata o 18 de abril para incorporarse

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou recentemente dúas resolucións que adxudicaron a 70...