InicioSociedadeA folga dos traballadores do comercio do metal acada un seguemento do...

A folga dos traballadores do comercio do metal acada un seguemento do 80 %

PUBLICADO O

Sindicatos cifraron nun 80 % o seguimento da folga que os traballadores do sector do comercio do metal de Pontevedra levaron a cabo este martes para forzar a actualización do convenio colectivo, que leva tres anos “caducado” despois de que terminase a súa vixencia en 2019.

Así, empregados de compañías do devandito sector manifestáronse tanto en Vigo como en Pontevedra para solicitar ás organizacións empresariais que negocien un novo convenio, xa que esta situación motivou unha conxelación de soldos dende 2019, “a pesar das grandes subidas do IPC”.

Neste senso, dende a CIG, sindicato maioritario no sector, mostraron o seu entusiasmo pola acollida que tivo entre os traballadores a folga, que foi convocada xunto con UGT e CC.OO.

A secretaria nacional da CIG-Servizos, Transi Fernández, asegurou que os paros motivaron o peche de moitos concesionarios de Vigo e de Pontevedra, así como de compañías dedicadas a recambios ou distribución, entre outras.

En declaracións a Europa Press, Fernández insistiu na importancia de que as patronais senten a negociar. Ademais, avanzou que os sindicatos preparan novas convocatorias de folga, que poderían durar dúas xornadas.

Do mesmo xeito que CC.OO., a CIG tamén lembrou que os sindicatos solicitaron mesmo a incorporación do sector ao convenio do comercio vario (para evitar unha negociación), “recibindo tamén unha negativa” por parte da patronal.

Ademais dos salarios, onde os sindicatos piden un aumento acorde ao IPC, tamén se negocian outras cuestións como a adaptación ao que esixe a reforma laboral no tocante á contratación, a xornada laboral anual e dereitos sociais como licenzas, días de libre disposición ou vacacións.

CC.OO., UGT e CIG aseguraron que cederon en moitas reivindicacións para tratar de chegar a un acordo, “incluso aceptando que non houbese incremento salarial retroactivo para os anos 2020 e 2021”. A pesar diso, unha das patronais retirou todas as súas propostas, alegando que a parte social “pedía moito”. “A ruptura do diálogo non lles deixa aos traballadores outra saída que a mobilización en defensa dos seus dereitos”, reivindicaron.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...