InicioSociedade9.000 persoas en directo e 39.000 no resto da cidade presenciaron o...

9.000 persoas en directo e 39.000 no resto da cidade presenciaron o acendido das luces do Nadal

Caballero agarda tres millóns de visitantes.

PUBLICADO O

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo este luns o primeiro balance do aceso das luces de Nadal da cidade, asegurando que unhas 45.000 persoas asistiron presencialmente ao acto, das cales 9.000 estaban en Porta do Sol e o resto nas zonas próximas.

Na súa rolda de prensa diaria, o rexedor olívico puxo en valor a importancia das festas do Nadal para a urbe e agradeceu aos medios de comunicación a cobertura mediática que cada ano ten o aceso.

Segundo indicou, a previsión é que uns 3 millóns de persoas visiten a cidade, o que redundará nos hoteis vigueses e do resto da provincia. Precisamente este pasado sábado, a ocupación rozou o 100% debido ao acto do aceso.

Abel Caballero tamén informou que a partir do día 1 de decembro porase en marcha o bus turístico que percorrerá as luces de Nadal.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Interceptado un mergullador sen os equipos obrigatorios e sen licenza de pesca

A Policía Local interceptou o pasado martes en Vigo a un mergullador que non...