InicioSociedadeVigo, parada obrigada da unidade de atención ás vítimas de abusos na...

Vigo, parada obrigada da unidade de atención ás vítimas de abusos na Igrexa do Defensor do Pobo

O número de solicitudes remitidas desde a cidade olívica motiva que se inclúa no calendario de desprazamentos.

PUBLICADO O

A Unidade de Atención ás Vítimas da Oficina do Defensor do Pobo, que dirixe Ángel Gabilondo, visitará Vigo a finais de novembro para entrevistar as persoas que denunciaron sufrir abusos por parte de membros da Igrexa na cidade olívica.

A cidade olívica figura no calendario de desprazamentos desta unidade ante o número de solicitudes remitidas desde a primeira urbe de Galicia. En concreto, a visita terá lugar os días 28, 29 e 30 de novembro e as vítimas que desexen ser entrevistadas presencialmente nestas cidades -ou en calquera outra- han de contactar coa Unidade a través do teléfono gratuíto 900 111 025 ou por correo electrónico (atencionvictimas@defensordelpueblo.es).Tamén poden facelo por correo postal (Defensor do Pobo. Rúa Zurbano, 42. 28010).

Esta oficina abriu desde o pasado 7 de xullo un total de 253 expedientes de vítimas de abusos sexuais no ámbito da Igrexa católica-, das máis de 400 comunicacións recibidas, que deron lugar a 149 entrevistas persoais O 80 por cento delas son homes.

Así o puxo de manifesto este venres 28 de outubro a institución, que sinala, ademais, que membros desta Unidade desprazaranse a zonas de residencia de quen desexen ofrecer o seu testemuño sobre abusos sexuais no ámbito da Igrexa católica, segundo informou este venres 28 de outubro a institución.

A Comisión Asesora está formada por 20 persoas, das que 17 son externas con experiencia en atención a vítimas, con coñecementos no ámbito xurídico, no dos dereitos humanos, en victimoloxía ou na docencia. Presidida polo Defensor do Pobo, tamén participan nela a adxunta primeira, Teresa Jiménez-Becerril e a adxunta segunda, Patricia Bárcena.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Interceptado un mergullador sen os equipos obrigatorios e sen licenza de pesca

A Policía Local interceptou o pasado martes en Vigo a un mergullador que non...