InicioSucesosPiden 30 anos de cárcere por asasinato para o veciño de Gondomar...

Piden 30 anos de cárcere por asasinato para o veciño de Gondomar que apuñalou á súa muller en 2020

Acusan ao presunto autor dun delito de asasinato con aleivosía e ensañamento, e coas agravantes de parentesco, de xénero e de abuso de superioridade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O veciño de Gondomar detido en decembro de 2020 tras matar supostamente á súa muller atacándoa cunha arma branca, enfróntase a 30 anos de cárcere, por un delito de asasinato coas agravantes de xénero, parentesco e abuso de superioridade.

Segundo recolle o escrito do ministerio fiscal, os feitos ocorreron á primeira hora da tarde do 2 de decembro de 2020, cando o acusado, Valentín A.B., atacou á súa muller de forma sorpresiva no salón do domicilio familiar, na parroquia de Mañufe.

Así, “cunha ou varias armas cortantes” causoulle varias feridas por todo o corpo (cabeza, pescozo, tórax, abdome, mans, etc.), varias delas mortais, sen que a muller, que tiña problemas de mobilidade, puidesen defenderse ou tivese capacidade de reacción.

Todas as lesións foron causadas estando a vítima viva, e gran parte delas eran innecesarias para provocar a morte, aumentando con iso deliberadamente a dor e sufrimento da súa muller. Segundo a Fiscalía, o acusado actuou movido por razóns de “dominio e desprezo” á súa muller, á que gritaba e humillaba habitualmente (de feito, a vítima adoitaba durmir no sofá por medo ao seu marido).

DELITOS E PENAS

Por estes feitos, acúsao dun delito de asasinato con aleivosía e ensañamento, e coas agravantes de parentesco, de xénero e de abuso de superioridade.

Así, pide que sexa condenado a 30 anos de cárcere, que se lle prive da patria potestade sobre o seu fillo menor (que é dependente), e que se lle impoña a prohibición de achegarse ou comunicarse con el durante un período de 33 anos.

Tamén reclama que se lle aplique a medida de liberdade vixiada durante 5 anos unha vez que salga de prisión, e que indemnice ao seu fillo maior en 250.000 euros e ao seu fillo menor en 300.000 euros.

ÚLTIMAS

Do voto dos emigrantes ao voto da diáspora: como mudou o sufraxio exterior en Galicia

Durante décadas, o voto exterior galego funcionou cun sistema no que a Administración enviaba...

“Ecomapa 2026” destapa máis de 800 “puntos negros” no arboredo urbano de Vigo e Baiona

Un total de 873 alcorques con deficiencias foron localizados en Vigo e Baiona durante...

A Nao Santa María chegará por primeira vez a Vigo e poderá visitarse durante dez días

A Nao Santa María visitará por primeira vez na súa historia o porto de...

PP ve o adianto electoral a “mellor para España” e BNG cre que é unha “oportunidade” de “apoio masivo”

O PP de Vigo cre que o adianto electoral anunciado por Pedro Sánchez este...