InicioSociedadeVigo chora a un dos referentes da súa loita obreira, Waldino Varela

Vigo chora a un dos referentes da súa loita obreira, Waldino Varela

Foi uns dos cabezas visibles da histórica folga de 1972 en Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia e todo o sindicalismo galego chora a un dos seus fundadores, o sindicalista vigués Waldino Varela Martínez, falecido o luns aos 92 anos. Para a secretaria xeral de CCOO, Amelia Pérez, Waldino forma parte da “valiosa memoria da loita obreira”, non só polo legado sindical que deixou, senón tamén porque a súa figura e traxectoria “inspiraron e guiaron varias xeracións de sindicalistas“. Unha loita que o fixo merecedor, en 1993, dun dos Premios 10 de Marzo que anualmente outorgan o sindicato e a súa fundación.

Waldino Varela comezou a traballar nos estaleiros Vulcano en 1944, con só catorce anos. O inicio da súa vida laboral coincidía co primeiro lustro da ditadura. El, procedente dunha familia de esquerdas do barrio obreiro de Teis, axiña se relacionou na empresa con traballadores procedentes da zona republicana e mesmo cristiáns concienciados da necesidade dun cambio social.

O ambiente familiar e o laboral levárono desde ben mozo a traballar para combater as inxustizas, primeiro na empresa e máis tarde na comarca de Vigo, onde foi peza fundamental para establecer as bases do que máis tarde serían as Comisións Obreiras, sindicato do que sería o seu primeiro secretario xeral provincial.

FIGURA CHAVE EN 1972

Waldino foi unha referencia do movemento obreiro vigués nas décadas dos sesenta e setenta, cabeza visible da histórica folga xeral de 1972, da que en setembro se cumprirán cincuenta anos.  Desde comezos de 1972, a tensión laboral en Vigo e bisbarra viuse marcada pola negociación dos convenios de empresas como Censa, Barreras ou os estaleiros Vulcano, onde traballaba Waldino. Os sucesos de Ferrol dese ano, onde a policía franquista asasinaron a dous traballadores, marcarían no sucesivo as reivindicacións, que irían escalando ata a folga comarcal que paralizou a comarca durante dúas semanas en setembro.

A contundencia das mobilizacións e a dureza da represión provocaron o despedimento de medio milleiro de traballadores —entre eles, o propio Waldino— e a detención e tortura de numerosos dirixentes sindicais, pasando moitos outros á clandestinidade ou ao exilio por estaren en busca e captura.

ÚLTIMAS

A CIG denuncia que o modelo de Muface prioriza o beneficio económico sobre o dereito á saúde

A CIG denunciou este luns que o modelo de mutualismo administrativo está deseñado para...

La Reina del Flow encabezará o Galicia Fest 2026 cun concerto no Porto de Vigo

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, anunciou este luns o primeiro cabeza...

Guerra de cifras e reproches entre a Xunta e o Concello de Vigo pola vivenda e o Mundial 2030

A Xunta de Galicia reivindicou este luns o seu compromiso coa construción de vivenda...

Un policía local de Redondela resulta ferido ao deter un home que tentou reter a unha moza

Un axente da Policía Local de Redondela resultou ferido este fin de semana durante...