InicioSociedadeMandan a integrantes da UME para combater o lume de Arbo

Mandan a integrantes da UME para combater o lume de Arbo

A estimación provisional de superficie queimada nso catro lumes máis grandes aínda non extinguidos mantense en 645 hectáreas arrasadas.

PUBLICADO O

As estimacións provisionais da Consellería de Medio Rural en relación á superficie afectada polos catro incendios de maior entidade aínda non extinguidos en Galicia mantense sen variacións nas últimas horas e os dous máis grandes –Arbo, activo, e Castrelo de Miño (Ourense), controlado– suman 600 hectáreas arrasadas. Ademais, en Arbo segue activada a alerta por proximidade a vivendas.

Segundo informa Medio Rural, no parte de incendios forestais que inclúe datos recolleitos ata as 8,30 horas deste luns, o incendio rexistrado na parroquia de Mourentán, en Arbo, queimou 400 hectáreas e segue decretada a situación 2 como medida preventiva pola proximidade do lume ao núcleo das Searas.

Para combater este lume traballaron 7 técnicos, 23 axentes, 70 brigadas, 43 motobombas, 5 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 12 avións e nove helicópteros. Tamén se desprazou ata Arbo, para axudar na extinición do lume de Mourentán, que se iniciou ás 3,17 horas da madrugada deste sábado, a Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Baixo control segue o incendio forestal rexistrado na parroquia de Barral, en Castrelo de Miño, tras queimar 200 hectáreas, segundo as medicións provisionais. Na loita contra este lume traballaron 2 técnicos, 42 axentes, 82 brigadas, 53 motobombas, 4 pas, 8 avións e un helicóptero. Tamén se mobilizou unha unidade técnica de apoio.

A CAÑIZA, CONTROLADO A PASADA MADRUGADA

Baixo control quedou ás 1,10 horas o lume rexistrado na parroquia de Oroso, na Cañiza, tras queimar unha superficie provisional de 25 hectáreas. Na súa extinción traballaron 1 técnico, 13 axentes, 20 brigadas, 10 motobombas, 2 pas, 9 avións e cinco helicópteros.

Medio Rural informou, así mesmo, de que se desactivou a situación 2 como medida preventiva pola proximidade do incendio ao polígono industrial. Finalmente, segue estabilizado o lume forestal de Padróns, en Ponteareas, que arrasou 20 hectáreas. Na súa extinción participaron 10 axentes, 19 brigadas, 11 motobombas, 1 pa e 1 helicóptero.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

A oposición viguesa denuncia que Caballero veta o pronunciamento da Corporación sobre a saída sur e o AVE a Porto

Os grupos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este mércores que o goberno...

Saen de prisión os tripulantes do MV Karar coa obrigación de comparecer quincenalmente

Os 14 tripulantes do MV Karar, interceptado en abril de 2020 cando navegaba cara...