InicioSociedadeCaen un 3,6 os nacementos en Pontevedra no mes de maio

Caen un 3,6 os nacementos en Pontevedra no mes de maio

PUBLICADO O

Galicia rexistrou 1.160 nacementos no mes de maio, o que supón un 5,7% menos que os contabilizados no mesmo mes de 2021, segundo datos publicados este mércores polo Instituto Nacional de Estatística (INE), recollidos por Europa Press.

Así, no que vai de ano naceron en Galicia ata 5.752 bebés, un 2% menos que os 5.869 nenos que naceran entre xaneiro e maio do exercicio anterior. Este dato contrasta coa media nacional, xa que no total de España naceron un 0,37% máis de nenos no primeiros cinco meses de 2022 que en 2021.

Por provincias, o número de nacementos na Coruña caeu case un 3% ata maio, con 2.468 nenos, mentres que en Lugo aumentou un 10,41%, ata 690 bebés. Ourense (-5,08%) e Pontevedra (-3,62%) tamén rexistraron taxas negativas, con 526 e 2.068 nacementos, respectivamente.

Pola súa banda, o INE tamén publicou este mércores o número de defuncións ata a semana 26 do ano, que corresponde con finais do mes de xuño e principios do mes de xullo. En Galicia faleceron 17.607 persoas, un 4,97% máis que no mesmo período de 2021, así como un 8,09% máis que nas mesmas semanas de 2019, antes do comezo da pandemia.

En toda España, rexistráronse 235.303 decesos no mesmo período, un 2,13% máis que en 2021 e un 7,36% máis que nas primeiras 26 semanas de 2019.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...