InicioSociedadePrisión para 3 dos detidos pola suposta construción de 'narcolanchas' e outros...

Prisión para 3 dos detidos pola suposta construción de ‘narcolanchas’ e outros 7 pasan a disposición xudicial

Os investigadores vincúlanos a unha embarcación intervida en Andalucía con 900 quilos de haxix.

PUBLICADO O

O xuíz de instrución número 8 de Vigo acordou o ingreso en prisión de 3 dos detidos no macrooperativo contra o narcotráfico e contra unha suposta armazón de construción de ‘narcolanchas’ (que se saldou con polo menos unha vintena de arrestos en varias provincias), e a posta en liberdade doutros 5 implicados, mentres que este xoves está previsto que decida sobre outros 7, que xa chegaron aos xulgados da cidade para comparecer ante o maxistrado.

Segundo confirmaron fontes xudiciais, dos 8 detidos que pasaron a disposición do xulgado este mércores (tres mulleres e cinco homes), tres ingresaron en prisión, mentres que outro cinco foron postos en liberdade, entre eles unha persoa que ten a obrigación de comparecer nos xulgados cada 15 días. Todos eles están investigados por un suposto delito contra a saúde pública, por contrabando e por pertenza a organización criminal.

Estas 8 persoas, todas detidas en Galicia (xunto a unha novena, que quedou libre en sede policial), chegaron aos xulgados de Vigo este mércores pola mañá, aínda que as comparecencias non comezaron ata pasadas as 14,30 horas, e alongáronse ata as 22.00 horas a noite. Este xoves foron postos a disposición do xulgado de instrución outros 7 detidos, entre eles dous arrestados en Cataluña e considerados os ‘xefes’ do grupo.

A investigación desta causa, coordinada polo xulgado vigués e coa participación do EDOA (Equipo de Delincuencia Organizada e Antidroga) da Garda Civil, céntrase na existencia dunha suposta armazón para a construción de embarcacións destinadas ao narcotráfico.

No marco do operativo policial realizáronse polo menos unha vintena de detencións, 9 delas na área de Vigo, así como rexistros, que se estenderon non só ao partido xudicial de Vigo, senón tamén ao do Porriño e Verín, así como a Toledo, Cataluña e Andalucía e, mesmo, ao norte de Portugal. Nos rexistros, a Garda Civil incautouse de ‘narcolanchas’ en diferentes fases de construción e de diñeiro en metálico.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...