InicioSociedadeVigo xa é a área sanitaria con máis número de contaxiados con...

Vigo xa é a área sanitaria con máis número de contaxiados con Covid

Hai 1.681 casos.

PUBLICADO O

Os casos activos de Covid-19 ascenden lixeiramente a 8.086 no conxunto de Galicia, que supoñen unha vintena máis que a xornada anterior--, tras rexistrarse 786 novos contaxios, mentres que descenden a 460 os hospitalizados por este coronavirus –dous menos–. Pola súa banda, a taxa de positividade descende a un 26,6%.

Segundo os datos actualizados este martes pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do luns, recollidos por Europa Press, descenden a 22 os pacientes en UCI pola Covid en Galicia con respecto ao día anterior –un menos– e baixan a 438 os hospitalizados noutras unidades –un menos–, mentres que 7.626 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio. Hai unha semana, o martes 31 de maio, había 482 ingresados, deles 26 en UCI.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta na de Vigo, onde ascenden a catro os pacientes Covid en UCI –un máis– e a 75 os hospitalizados noutras unidades –dez máis–.

ASCENDEN OS CASOS

Os casos activos ascenden lixeiramente no conxunto de Galicia ata os 8.086, que supoñen 21 máis que a xornada anterior ao haber máis contaxios (786) que altas (760), ao que se engaden cinco falecementos. O martes da semana pasada había 8.508 infeccións activas.

Os casos descenden unicamente na área da Coruña e Cee (-93), mentres que ascenden nas outras seis con Vigo á cabeza (+59) que xa se sitúa á cabeza con máis casos activos, con 1.681.

VÍTIMAS

En canto ás vítimas da pandemia da Covid-19 en Galicia rexistradas na web do Sergas aumentan a 3.526 ao incluír a Consellería de Sanidade este martes cinco óbitos máis que os contabilizados ata este luns pasado. Así, o pasado 1 de xuño morreu unha muller de 89 anos de idade na área sanitaria de Vigo e o día 5 pasado outro home de 89 anos.

ÚLTIMAS

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...

Vallejo Torres toma posesión como novo fiscal xefe de Vigo, co compromiso da protección “aos máis vulnerables”

Óscar Vladimir Vallejo Torres tomou este venres posesión do seu cargo como novo fiscal...