InicioSociedadeSanitarios vigueses subliñan a importancia dunha boa hixiene de mans para evitar...

Sanitarios vigueses subliñan a importancia dunha boa hixiene de mans para evitar infeccións

PUBLICADO O

A área Sanitaria de Vigo sumouse un ano máis á celebración da Xornada Mundial de Hixiene de Mans, que nesta ocasión de desenvolve baixo a lema ‘Únete á seguridade da atención sanitaria. Limpa as mans’, co obxectivo de centrar os esforzos para lograr unha óptima hixiene nos puntos de atención, xa que é unha de mais medidas máis eficaces para evitar infeccións relacionadas coa asistencia sanitaria.

Tal como destacou o Servizo Galego de Saúde (Sergas) nun comunicado, a hixiene de mans continúa sendo unha ferramenta “fundamental” na loita contra as infeccións en xeral, especialmente contra o Covid-19.

Neste sentido, os sanitarios destacaron tamén a importancia de que o persoal dos centros de saúde realicen a limpeza de mans no mesmo punto de atención no que coinciden o profesional, o paciente e o tratamento a levar a cabo.

“O tema da campaña deste ano é a cultura da seguridade como estrutura vertebral nos centros sanitarios, para valorar a hixiene das mans e a prevención e o control das infeccións asociadas á asistencia sanitaria”, subliñou a subdirectora de Enfermaría, Dores Muíños.

Entre as múltiples actividades desenvolvidas este xoves, levouse a cabo o ‘I Concurso: Día Mundial da Hixiene de Mans’, que consiste nun cuestionario ‘en liña’ con varias preguntas relativas á correcta hixienización das mans. O premio será rifado nun sorteo público entre todos os acertantes, que gozarán dunha estancia para dúas persoas no Hotel Talaso Atlántico.

ÚLTIMAS

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fose secretario xeral do...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...

Piden seis anos para un acusado por tocamentos a unha menor en Vigo

Un home que foi xulgado este xoves na sección quinta da Audiencia Provincial de...