InicioSociedadeVigo arrinca a tempada de vodas cun desfile nupcial

Vigo arrinca a tempada de vodas cun desfile nupcial

O evento celebrarase os días 29 e 30 de abril no Hotel Pazo de Los Escudos e estará amenizado por música en directo e cátering.

PUBLICADO O

Baixo o nome ‘Los Escudos está de boda’, a cidade olívica acolle o primeiro evento de vodas do 2022, organizado un ano máis polo Hotel Pazo Los Escudos. Neste evento mostraranse as últimas tendencias en maquillaxe e peiteado de noiva, tocados, arranxos florais, fotografía e wedding planner, entre outros.

O prato forte protagonizarao un desfile nupcial a cargo de Salón YÖY, onde modelos e influencers locais lucirán vestidos, maquillaxes e peiteados inspiradores.

O evento celebrarase os días 29 e 30 de abril no Hotel Pazo de Los Escudos, situado na avenida Atlántida. Estará amenizado por música en directo, catering e un brinde final para dar a benvida a un período de vodas e celebracións que se prevé “intenso” tras as numerosas cancelacións e atrasos aos que obrigou a pandemia.

As persoas asistentes poderán recibir asesoramento gratuíto sobre maquillaxe e peiteado para voda. Ademais, no córner habilitado por Salón YÖY poderase seguir en directo o proceso de preparación das noivas, que desfilarán o sábado ás 18:00h polos xardíns do Pazo.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...