InicioSociedadeVeciños de Teis en contra das escaleiras mecánicas en Iglesias Rebollar

Veciños de Teis en contra das escaleiras mecánicas en Iglesias Rebollar

Din que impedirá que poida acceder o bus ata o centro de saúde, elimina "moitas prazas de estacionamento" e "estraga" a rúa.

PUBLICADO O

A Asociación Veciñal de Teis cualificou de “mala proposta” a iniciativa do Concello de colocar unha rampla mecánica no medio da rúa Ángela Iglesias Rebollar, xa que impedirá que poida acceder o bus ata o centro de saúde, elimina “moitas prazas de estacionamento” e “estraga” a rúa.

Nun comunicado, os veciños de Teis explicaron que a rúa non ten saída e ten un desnivel do 15% que separa á avenida de Galicia co centro de saúde. “Isto supón un grave problema para unha parte dos veciños, sobre todo maiores”, lamentaron. Así, a asociación considera necesario darlle unha saída a esta rúa, o que permitiría que o bus urbano chegase ao centro de saúde e facilitaría a accesibilidade dos veciños con mobilidade reducida.

Por iso, pide que se busque outro emprazamento para as ditas escaleiras mecánicas ou que se procure outra alternativa como a colocación de ascensores no seu lugar. Para solucionar o problema, enviaron un escrito á Concellería de Fomento solicitando unha saída para a rúa e a procura doutro emprazamento para as escaleiras mecánicas.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...