InicioSociedadeA crise de abastecemento de materiais atrasa as obras da Cidade da...

A crise de abastecemento de materiais atrasa as obras da Cidade da Xustiza de Vigo “un par de meses”

A previsión era que a obra estivese rematada este mes.

PUBLICADO O

A Xunta informou este venres que a crise xeneralizada no abastecemento de materiais provocará unha demora das obras da Cidade da Xustiza de Vigo “previsiblemente dun par de meses”.

Así o sinalou o Goberno galego, quen explicou que pese ao atraso provocado por unha “continxencia de ámbito internacional” que afecta a subministración de materiais, o Executivo autonómico seguirá traballando na axilización dos labores que non dependen deses abastecementos.

As obras continuaban con normalidade ata a data coa intención de ter en breve rematada a adaptación do edificio (o antigo Hospital Xeral) ás necesidades do complexo xudicial. Pero a situación de desabastecemento global, tanto na chegada de materiais nos prazos acordados como na reposición de subministracións existentes na medida en que se van consumindo, obriga a atrasar a finalización das obras, que se demorarán previsiblemente un par de meses“, engadiu. A previsión era que a obra estivese acabada este mes.

A nova infraestrutura, que acollerá 38 unidades xudiciais, trátase da obra xudicial máis importante da historia en Galicia na que a Xunta investiu máis de 42 millóns de euros.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...