InicioSociedadeA área de Vigo segue liderando o aumento de casos Covid en...

A área de Vigo segue liderando o aumento de casos Covid en Galicia

Hai xa case 4.500 casos activos.

PUBLICADO O

Galicia rexistra 23.680 casos activos de Covid-19, que supoñen un milleiro máis que a xornada anterior, tras detectarse outros 2.169 contaxios, que non baixan dos 2.000 diarios desde o pasado 16 de marzo; mentres que 448 pacientes seguen hospitalizados no conxunto da Comunidade galega. Pola súa banda, a taxa de positividade descende a un 13 por cento.

Segundo os datos actualizados este venres pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do xoves, recollidos por Europa Press, descenden a 21 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 en Galicia –dúas menos– e aumentan a 427 as hospitalizadas en unidades convencionais –dúas máis–, mentres que 22.232 pacientes atópanse en seguimento no seu domicilio. Hai unha semana –o venres 18 de marzo– había 386 hospitalizados, 24 deles en críticos.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta na área de Vigo, onde descenden a dous os pacientes Covid en UCI –un menos–, pero soben a 62 os ingresados noutras unidades –catro máis-.

CASOS EN AUMENTO

A uns días da entrada en vigor da nova estratexia de vixilancia e control da Covid-19 que suprime os illamentos aos positivos asintomáticos –desde o luns 28 de marzo–, os casos activos seguen en ascenso por cuarta xornada consecutiva no conxunto de Galicia ata os 23.680, que constitúen 1.031 máis que o día anterior ao haber máis contaxios (2.169) que altas (1.134).  O aumento de casos é xeneralizado nas sete áreas sanitarias galegas, coa de Vigo á fronte (+226), que suma xa 4.458 casos activos.

FALECIDOS E CURADOS

Pola súa banda, as persoas falecidas pola Covid-19 desde o inicio desta pandemia ascenden a 3.194 tras notificar este venres a Consellería de Sanidade outro catro vítimas, todas con patoloxías previas. Os catro óbitos rexistráronse o pasado 23 de marzo e dous deles, home de 88 e 77 anos, faleceron na área sanitaria de Vigo.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...