InicioSociedadeTui busca nomes de mulleres para as súas rúas

Tui busca nomes de mulleres para as súas rúas

Ábrese un proceso de participación no que a cidadanía pode realizar as súas propostas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Actualizar o nome das rúas e dos espazos municipais de Tui incorporando nomes de mulleres destacadas na historia, economía, movementos sociais, ciencia, cultura, é o obxectivo do traballo que está a desenvolver o concello de Tui. O seu obxectivo; dar cumprimento á medida 7.3 do III Plan de Igualdade de Oportunidades de Mulleres e Homes de Tui 2020-2024 . Nesta cambio “preciso e relevante” para a cidade, dende o concello quérese facer partícipe á cidadanía polo que se inicia un proceso de participación pública para recoller propostas sobre mulleres destacadas para dar nome a rúas e espazos públicos, contribuíndo deste xeito á visibilización das mulleres na cidade.

A concelleira de Igualdade, Ana Núñez, convida a “toda a cidadanía a participar deste proceso para enriquecer as rúas da nosa cidade cos nomes das mulleres da nosa historia, unha historia na que as mulleres tamén estivemos presentes e continuamos estando porque sen nós a historia está incompleta”.

“A igualdade de xénero é, sen ningunha dúbida, un principio transversal dentro de todas e cada unha das políticas municipais do concello de Tui”, indican desde o Concello. Neste momento a presenza de nomes femininos é “absolutamente minoritaria” en relación cos nomes de homes nas vías e noutros espazos públicos do Concello. “De aí a continuación coa aplicación do III Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes para converter a cidade nun espazo igualitario no que as mulleres tamén estean representadas”, engaden.

Precisamente con motivo do 8 de marzo, Día da Muller, iniciouse no Concello a actividade “Camiñando con elas”. É Un roteiro turístico ilustrado que da a coñecer o papel de diferentes mulleres que forman parte da historia local. Esta actividade é só o inicio dun proxecto moito máis amplo que se presenta baixo o nome “A Tui das mulleres. A historia non contada”.

Estas accións teñen como finalidade “situar as mulleres -con nome propio e con información sobre as súas achegas á mellora da cidade e da sociedade- nos espazos públicos” explica a concelleira Ana Núñez.
As persoas que desexen propor o nome dunha muller dentro deste proceso de participación pública poden facelo enviando un correo electrónico a igualdade@tui.gal ou cubrir o formulario dispoñible na web www.tui.gal.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...