InicioSociedadeA Xunta garante a gratuidade das escolas infantís municipais de Vigo despois...

A Xunta garante a gratuidade das escolas infantís municipais de Vigo despois de que o Concello abonase a súa débeda

PUBLICADO O

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, garantiu a gratuidade das escolas infantís municipais da cidade despois de que o Concello “entrase en razón” e abonase a débeda que acumulaba nos últimos anos co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Así o sinalou Fernández-Tapias na súa visita esta mañá á escola infantil A Estrela, onde comunicou á dirección do centro e ás familias que a partir do próximo curso todos os vigueses poderán beneficiarse da gratuidade total das prazas en todos os centros públicos, tanto autonómicos como municipais, e de iniciativa privada e social.

A aplicación desta medida “pioneira” do Goberno galego nas escolas infantís dependentes do Concello vigués será posible, segundo explicou, tras a regularización da débeda que a administración local contraeu ao longo dos últimos anos co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Este cambio de actitude do Concello permitirá, segundo dixo a delegada territorial da Xunta, que unhas 400 familias de Vigo se beneficien da gratuidade das escolas infantís a partir de setembro, polo que Fernández-Tapias celebrou que o alcalde, Abel Caballero, “entrase en razón” e abonase os pagos pendentes.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...