InicioSociedadeMáis de 30 refuxiados ucraínos xa están a ser atendidos en Vigo

Máis de 30 refuxiados ucraínos xa están a ser atendidos en Vigo

Chegaron polos seus propios medios nos últimos días.

PUBLICADO O

O Concello de Vigo en colaboración coa ONG Accem xa atende na cidade a máis de 30 refuxiados ucraínos que chegaron polos seus propios medios nos últimos días, segundo indicou o alcalde, Abel Caballero.

Son homes e mulleres que están a ser apoiados polo Concello e a ONG, tanto para o seu aloxamento como fornecendo información para conseguir o status de refuxiado. “Permanecemos atentos a todos os que vaian chegando”, reivindicou o rexedor.

Caballero explicou que a última hora do sábado chegaron á cidade en tren unhas vinte persoas, que pasaron a noite en Vigo, pero das cales 18 continuaron a súa viaxe ata Porto (Portugal) e dúas quedaron na urbe. O domingo chegaron outras tres mulleres que se estableceron con familiares e o luns outra familia asentouse na cidade.

O alcalde indicou que outras 25 persoas procedentes de Ucraína están tamén sendo atendidas polo Concello e a Accem, ONG que traballa para mellorar a calidade de vida dos refuxiados, migrantes e colectivos vulnerables. “En Vigo estamos preparados, temos nosa propia rede de emerxencia e estamos preparados para darlles acomodo”, reivindicou Caballero.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...